Asociacións



Nosos socios

Explorer 66

CARLOTA MANRIQUE CENTRO MANTENIMIENTO FÍSICO

156 COWORKING

Pedro Lorenzo López taxista

Carlos Díaz Ejercicio&Salud

TALLER DE ZAPATERÍA EL CUBANO

Emprendizaje

CONTIDOS DIXITÁIS

Café-Bar Whasapp

NATTEX FERROL

Lyferpin

Juan Jesús Lorenzo Dopico

Melania Beceiro

ECOCIDADE

La Roldana del Pozo

Gabinete Amarillo

Residencia Canina El Bosque

Morales y asociados

Elvira Cobas

DESTINALIA VIAJES

Inversiones vallarta

CAG-CONSULTING COLLABORATIVE UNIÓNS, SLNE

DULCE BOTICA

Enzo Servicios Integrales

Pinturas David

PAINTBALL A LAGOA

GLOBAL FINANCIACIÓN

VALLARTA INVERSIONES S.L

Angelg videografo

AJE busca emprendedores da comarca que queiran gañar 1000 euros

03/11/2017


AJE busca emprendedores da comarca que queiran gañar 1.000 euros
A Asociación de Novos Empresarios ( AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal convocou esta pasada semana unha nova edición do seu Premio Ferrolterra Emprende cuxo obxectivo é incentivar a creación e a consolidación de empresas de todo tipo nas nosas comarcas e darlle visibilidade ás decenas de proxectos que xorden en todos os municipios.
Nesta quinta convocatoria do galardón a entidade fixo un esforzo por simplificar as bases e facer o premio máis accesible a todo tipo de empresarios, sexa cal for a súa facturación e experiencia, aumentando así mesmo o número de recoñecementos aos que optarán os empresarios -menores de 41 anos-, que se animen a presentar a súa candidatura ata o próximo 17 de novembro.
Así, establécese un Premio Novo Empresario 2017 a persoas cuxa actividade leve constituída máis de tres anos en calquera forma xurídica. Este galardón garante a participación no Premio Xove Empresario de Galicia e está dotado cunha bolsa

formativa na Escola de Negocios de Afundación cun valor de 3.200 euros, por cortesía da IESIDE.