Bases PremioModelo Presentación Candidatura
Modelo Declaración Xurada

Data límite presentación:
17 Noviembre 2017

PREMIOS FERROLTERRA EMPRENDE 2017

AJE Ferrolterra no seu compromiso coa promoción da cultura emprendedora AJE Ferrolterra presenta, un ano máis, o Premio Ferrolterra Emprende, cuxo obxectivo é poñer en valor o talento dos novos empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Estes premios queren servir ademais, para reclamar en voz alta o apoio de todos, ao colectivo de emprendedores e novos empresarios, como protagonista do presente e do futuro de Galicia e, por iso, é un dos eventos máis destacados do ano para a nosa asociación. Están dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e economicamente.

O premio constará de dúas categorías e 4 accésit por cortesía da escola de negocios IESIDE e o Igape.

O acto de entrega do premio terá lugar o 24 de decembro do 2017 en Ferrol e contaremos coa presenza de distintas personalidades das distintas Institucións públicas e entidades privadas como membros do xurado e patrocinadores/ colaboradores deste evento.

Para formalizar a presentación e necesario descargar e cubrir o modelo de solicitude e a declaración xurada xunto con documentación que considere oportuna.

Gala de Entrega Premios
24 / novembro | 19:30
19:30 Apertura do acto
19:40 Intervencións
19:50 Actuación
20:00 Reseña de candidaturas
20:30 Entrega de galardóns
21:00 Clausura