Bases PremioModelo Presentación Candidatura
Modelo Declaración Xurada

Data límite presentación:
26 Novembro 2015

IV EDICIÓN PREMIOS FERROLTERRA EMPRENDE

AJE Ferrolterra presenta un ano máis o Premio Ferrolterra Emprende, cuxo obxectivo é poñer en valor o talento dos novos empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Estes premios queren servir ademais, para reclamar en voz alta o apoio de todos, ao colectivo de emprendedores e novos empresarios, como protagonista do presente e do futuro de Galicia e, por iso, é un dos eventos máis destacados do ano para a nosa asociación.

O premio constará dunha única categoría, dotada de formación en Escola de negocios, podendo o xurado reservarse o dereito de outorgar mención de honra ou accésit se a calidade do proxecto así o xustifica.

O acto de entrega do premio terá lugar o 3 de decembro de 2015 en Ferrol e contaremos coa presenza de distintas personalidades das distintas Institucións públicas e entidades privadas como membros do xurado e patrocinadores/ colaboradores deste evento.

Os premiados desta edición beneficiaranse da posibilidade de optar ao Premio Novo empresario de Galicia que se organiza de forma anual pola Federación Galega de novos empresarios (AJE Galicia).

Ademais consideramos que é unha oportunidade de comunicación e conexión na traxectoria de todos os nosos asociados, e por iso, cremos moi valioso contar coa vosa presenza para intercambiar inquietudes e intereses que é realmente o verdadeiro labor de AJE.

Patrocinadores


Colaboradores


Gala de Entrega Premios
3 / decembro | 20:30
20:35 Presentación acto
20:40 Intervencións
  • D. Jóse Manuel Riló Gónzalez-Valles, Presidente AJE Ferrólterra
  • Dna. Carmen Jóse López, Presidenta de AJE GALICIA
  • D. Aurelio Villa, Director da Escola de Negocios A FUNDACIÓN
20:50 Experiencias emprendedoras
21:00 Intervencións
  • Dna. Eugenia Freire Fajardo, Tte de Alcalde do Concello de Ferrol
  • D. Valentín González Formoso, Presidente Deputación da Coruña
21:10 Reseña de candidaturas e entrega de diplomas de participación
21:20 Entrega de galardóns
  • Entrega da Mención de Honra
  • Entrega do Premio Ferrolterra Emprende
21:30 Clausura
  • Intervención D. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía a Industria
21:40 Cocktail