VI Premio Ferrolterra Emprende

VI Edición Premios Ferrolterra Emprende  co obxecto de recoñecer e premiar a labor das/os empresarias/os que co seu esforzo contribúen a xerar riqueza e xerar emprego na sociedade e, por outra banda, servir de apoio e referencia aos/as emprendedores/as que comezan a súa andaina empresarial.


As/os premiadas/os de esta edición, como en edicións pasadas, beneficiaranse da posibilidade de optar ao Premio Xove Empresario de Galicia que se organiza de maneira anual pola Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE).


Este evento terá lugar o 12 DE DECEMBRO na Fundación Exponav sita no Cantón de Molíns ás 19.30h.


Ademais consideramos que é unha oportunidade de comunicación e conexión na traxectoria de todas/os as/os nosas/os asociadas/os, por elo cremos moi valioso contar coa vosa presenza para intercambiar intereses e inquedanzas que é realmente o verdadeiro obxecto de AJE Ferrolterra.


 




  • Premio Joven Empresaria/o 2019: Empresaria/o cuia constitución sexa anterior ao 1 xaneiro do 2018, en calquera das súas formas xurídicas. A dotación dos Premios é en formación por cortesía de IESIDE, Escola de negocios AFUNDACIÓN.




  • Premio Iniciativa Emprendedora 2019: Empresaria/o ou emprendedor/a cuia data de constitución sexa posterior ao 1 de xaneiro do 2018. A dotación do Premio Iniciativa Emprendedora 2019 é de 1.000€ por cortesía do IGAPE.




  • Accésit á innovación. Dotación: formación de IESIDE.




  • Accésit as novas tecnoloxías. Dotación: 1 ano de publicidade gratuíta en Ferrol 360.




  • Mención especial entidade social RSE: Dotación 500€.




 


Descargar bases


Descargar formulacion de inscripción categoría Iniciativa Emprendedora


Descargar formulacion de inscripción categoría Joven Empresario del año

2019-12-12 Noticias