X Edición Premios Ferrolterra Emprende

X Premios Ferrolterra Emprende 2025


Os Premios Xove Empresario de Ferrolterra teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e a dedicación dos empresarios e empresarias que, co seu traballo, contribúen ao desenvolvemento económico e á creación de emprego na nosa comarca. Estes referentes convértense, ademais, en fonte de inspiración e apoio para quen están a iniciar a súa traxectoria empresarial.


Os/as galardoados/as desta X edición terán, ao igual que en anos anteriores, a oportunidade de optar ao Premio Xove Empresario de Galicia, que organiza anualmente a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) e que este ano será na Cidade de Ferrol.




Requisitos dos/as candidatos/as


Poderán presentarse todas as empresas situadas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, tanto persoas físicas como xurídicas, sempre que o/a empresario/a ou directivo/a non supere os 41 anos de idade.


Exclusión: Os/as directivos/as actuais da Asociación non poderán presentarse como candidatos/as.




Categorías de premios




  • Premio Xove Empresario/a 2025: Para empresarios/as con empresas constituídas antes do 1 de xaneiro de 2024, en calquera forma xurídica.




  • Premio Iniciativa Emprendedora 2025: Para empresarios/as ou emprendedores/as con empresas constituídas despois do 1 de xaneiro de 2024.




  • Accésit á Innovación: Subcategoría aberta a todos/as os/as candidatos/as, que premia á empresa que implantou procesos, produtos ou servizos innovadores.




  • Accésit á Responsabilidade Social Empresarial (RSE): Subcategoría dispoñible para todos/as os/as candidatos/as, que destaca á empresa cun compromiso ético, social e sostible.






Procedemento do concurso


O prazo para presentar candidaturas finaliza o domingo 5 de outubro de 2025 ás 23:59 h. Unha vez pechado, o xurado reunirse-á para deliberar e seleccionar aos/ás gañadores/as de cada categoría.




Criterios de valoración


O xurado valorará as candidaturas tendo en conta, entre outros, os seguintes aspectos:




  • Premio Xove Empresario/a 2025: Calidade, innovación, sostibilidade, creatividade, implantación de procesos de calidade, expansión, creación de emprego e recoñecementos previos a nivel local, autonómico ou nacional.




  • Premio Iniciativa Emprendedora 2025: Calidade, innovación, creatividade, sostibilidade, coñecemento do mercado e viabilidade dos proxectos recentes.




  • Accésit á Innovación: Ideas ou investigacións innovadoras que melloren cualitativamente a actividade empresarial e integración da Industria 4.0.




  • Accésit á RSE: Crecemento sostible, políticas de igualdade, respecto ao medio ambiente e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.






Presentación de candidaturas


As candidaturas poderán enviarse ata o domingo 5 de outubro de 2025 ás 23:59 h a través do correo electrónico: info@ajeferrolterra.org para calquera dúbida poden escrimir a este mesmo correo ou chamar ó 634164508.




Gala de entrega de premios


 


A X edición dos Premios Ferrolterra Emprende celebrarase o venres 10 de outubro de 2025 ás 19:30 h no Concello de Narón. A ubicación exacta aínda está por concretar, pero será anunciada nas nosas redes sociais.


Enlace a las Bases y Anexos

2025-09-18 Noticias