Programa Adiante Narón

Levarase a cabo unha xornada de concienciación sobre o autoemprego a través do emprendemento como saída profesional. 


Na xornada varios/as emprendedores/as narrarán como lograron poñer en marcha os seus negocios a través das capacidades persoais e sen asumir grandes riscos, facendo camiño andando, aplicando o que hoxe en día se coñece coma Lean Startup.


Buscarase conformar 10 proxectos de autoemprego que poden ser individuais ou agrupar a varias persoas. Tutorizarase a eses 10 proxectos para lograr que se convertan en proxectos de autoemprego e potenciais xeradores de postos de traballo.


Dos 50 proxectos, seleccionarase o longo do programa os 10 que teñan unha mellor valoración para proporcionarlles ferramentas de imaxe e comunicación que lles permita comezar a funcionar comercialmente. Os criterios de valoración deberán incluír cuestións como a capacidade ou actitudes comerciais e de relacións persoais do/a promotor/a ou promotores/as da iniciativa.


Valorarase tamén a implicación e traballo o longo do programa e o grado de maduración do proxecto.


SESIÓN DIVULGATIVA DE ARRANQUE


O autoemprego como saída profesional - Xornada divulgativa


Nun mundo onde o emprego está a trocar aceleradamente, onde se prevé que case o 50% dos traballos actuais sexan realizados por robots nun prazo inferior a 20 anos e que 8 de cada 10 xóvenes actuais traballarán en postos e funcións que hoxe en día nin existen, compre ter a capacidade e a creatividade laboral para que cada quen sexa capaz de desenvolver o seu futuro laboral.


A través dunha xornada con relatores/as especializados en modelar profesións e construír proxectos de autoemprego por medio do emprendemento, crearase o marco previo para invitar os/as participantes na xornada a apuntarse no programa de formacións e titorías, tras presentar aos/as asistentes a xornada o programa, os seus obxectivos e cómo se levará a cabo.


PROGRAMA DE FORMACIÓN E TITORIZACIÓN


O programa idease como un conxunto de ferramentas complementarias e de alto valor para o desenvolvemento dos proxectos empresariais e do espírito emprendedor dos/as participantes. A estrutura do programa componse de formacións transversais, comúns a todos/as os/as participantes, e titorizacións específicas para a natureza de cada un dos proxectos.


1. Formacións transversais de todos/as os/as participantes:


Primeira formación: Emprendemento soft launch, técnicas, métodos e exemplos.


Segunda formación: Obradoiro de marca persoal.


Terceira formación: Márketing online para emprendedores/as.


Cuarta formación: Técnicas de vendas e comercialización.


 


2. Titorización de proxectos:


Fase 1: Identificación de oportunidades (1 sesión de 2 horas)


Fase 2: Desenvolvemento persoal (1 sesión de 2 horas)


Fase 3: Marco estratéxico do proxecto (1 sesión de 2 horas)


Fase 4: Desenvolvemento comercial do proxecto (1 sesión de 2 horas)


Cada participante traballará con tres titores/as, un titor/a especializado en estratexia de negocios, un titor/a especializado en desenvolvemento de persoas e un titor/a especializado en emprendemento, marketing y comercialización.


3. Ferramentas para a saída ao mercado:


3.1. Consolidación dos proxectos de cara a preparalos na sua saída ao mercado. Unha sesión de consultoría individualizada para cada un dos 10 proxectos tutorizados.


3.2. Consultoría que facilite instruccións para a creación da imaxe comercial e mensaxes comerciais dos proxectos para os 2 proxectos con maior capacidade e necesidade de dotarse destas ferramentas.


Presentación dos proxectos por parte dos/as impulsores/as, e mesa coloquio sobre o programa así como valoración da axuda recibida.


 


 


* Máis info aquí


 


 


 

2020-10-23 Noticias