X Premio Xove empresaria/o e Iniciativa emprendedora de Galicia

A Décima edición do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia se celebrará nunha gala programada para o vindeiro 16 de xuño, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura de Narón. Na convocatoria participarán os gañadores da edición celebrada no ano 2020 nas AJES de Ferrolterra, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.


Establecénse catro premios: ao Xoven empresario de Galicia, á iniciativa emprendedora de Galicia, accésit á innovación e accésit á responsabilidade social empresarial. Á hora da concesión dos mesmos por parte do xurado valoraranse varios criterios, establecidos en función de cada modalidade e entre os que figuran a creación de emprego estable, a creatividade, orixinalidade, innovación, o crecemento sostible, actuacións en materia de igualdade.. Un dos obxectivos desta convocatoria é “premiar o labor dos emprendedores/as e novos empresarios/as que contribúen co seu esforzo e dedicación a crear riqueza e xerar emprego”.


O presidente de AJE Ferrolterra avanzou que a maiores dos catro premios establecidos este ano con motivo da décima edición do certame tamén se ofrecerá unha mención de honor aos nove últimos gañadores destes premios pola súa traxectoria. Así mesmo, o presidente de AJE Galicia agradeceu a acollida do Concello de Narón e recalcou que este ano é moi importante, tendo en conta a dificultade de entregar estes premios despois de máis dun ano de pandemia, pero estamos moi ilusionados porque hai moito nivel.


Enlace a las bases


 

2021-05-24 Noticias