Bic Galicia ofrece un programa de apoyo gratuíto para los nueveos emprendedores

Bic Galicia presentou o pasado 6 de Maio de 2010 á Asociación de Jóvenes Empresarios o programa Sae ó Mercado cuyo obxectivo é acompañar ás empresas de recente constitución na súa etapa de saída ó mercado e asesorar ós empresarios na definición da súa estratéxia de negocio. Placeres Conde, Técnica da entidade dependente de Economía e Industria, encargouse de explicar a iniciativa que xa vai pola súa IV edición.
O programa constará de tres fases. A primeira será a de Training Workshop, que consiste en cuarenta horas de talleres prácticos sobre xestión empresarial. A continuación virá o capítulo Mentorización no que empresarios con ampla experiencia acturán como tutores dos emprendedores, asesorándoos no seu proxecto. Por último, terá lugar un Encontro Comercial, un último captítulo centrado na posta en práctica do aprendido e a presentación das empresas participantes.
Dende Bic Galicia informouse de que o programa está totalmente subvencionado e de que as empresas participantes poderán pasar a formar parte da Rede Galega de Empresarios Mentores Rede Mentoring, posta en marcha o pasado ano e a través da cal se transfiren coñecementos entre expertos e novos empresarios.
Saeómercado está dirixido prioritariamente a firmas que teñan entre nove e 36 meses de actividade dende a súá constitución. A presentación do programa realizouse no Hotel Hesperia.

2010-05-06