IX Edición Premios Ferrolterra Emprende

IX Premios Ferrolterra Emprende


Os Premios Joven Empresario de Ferrolterra teñen como obxectivo recoñecer o traballo dos/as empresarios/as que, a través do seu esforzo, contribúen a xerar riqueza e emprego, converténdose en referentes e fonte de apoio para os/as novos/as emprendedores/as que inician o seu camiño empresarial.


Os/as galardoados/as nesta edición, ao igual que en edicións anteriores, terán a oportunidade de optar ao Premio Xove Empresario de Galicia, que organiza anualmente a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE).




Requisitos dos/as Candidatos/as


Poderán presentarse todas as empresas localizadas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, tanto persoas físicas como xurídicas, sempre que o/a empresario/a ou directivo/a non supere os 41 anos de idade.


Os/as directivos/as actuais da Asociación non poderán presentarse como candidatos/as.




Categorías de Premios



  • Premio Joven Empresario/a 2024: Para empresarios/as con empresas constituídas antes do 1 de xaneiro de 2023, en calquera forma xurídica.

  • Premio Iniciativa Emprendedora 2024: Dirixido a empresarios/as ou emprendedores/as cuxas empresas foron constituídas despois do 1 de xaneiro de 2023.

  • Accésit á Innovación: Subcategoría á que optan todos/as os/as candidatos/as aos premios anteriores. Premia a empresa máis innovadora ou aquela que aplicou procesos, produtos ou servizos innovadores.

  • Accésit á Responsabilidade Social Empresarial (RSE): Subcategoría dispoñible para todos/as os/as candidatos/as que destaca á empresa con mellor responsabilidade social, centrada no compromiso ético e sostible.




Procedemento do Concurso


O prazo para presentar candidaturas finaliza o 15 de outubro de 2024 ás 23:59h. Unha vez pechado o prazo, o xurado reunirase para deliberar e escoller aos/ás gañadores/as de cada categoría.




Criterios de Valoración


O xurado gozará de total liberdade para valorar as candidaturas, tomando en consideración os seguintes aspectos:



  • Premio Joven Empresario/a 2024: Calidade, innovación, sostibilidade, creatividade, implantación de procesos de calidade, expansión, creación de emprego, e recoñecementos previos a nivel local, autonómico ou nacional.

  • Premio Iniciativa Emprendedora 2024: Calidade, innovación, creatividade, sostibilidade, coñecemento do mercado e viabilidade dos proxectos de recente creación.

  • Accésit á Innovación: Ideas innovadoras ou investigación que melloren cualitativamente a actividade empresarial, así como a integración da Industria 4.0.

  • Accésit á RSE: Crecemento sostible, políticas de igualdade, respecto ao medio ambiente e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas.




Presentación de Candidaturas


As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de outubro de 2024 ás 23:59h a través do correo electrónico info@ajeferrolterra.org.




Gala de Entrega de Premios


A entrega dos IX Premios Ferrolterra Emprende celebrarase o venres 25 de outubro de 2024 ás 19:00 no Teatro Jofre de Ferrol. Tras a cerimonia, terá lugar un cóctel para todos/as os/as asistentes na Sede Afundación, situada no Cantón de Molíns (Ferrol).


Enlace a las Bases y Anexos

2024-09-13 Noticias