Programa emprende

Está a punto de celebrarse a X Edición do Programa Emprende Xove-Minimarket, evento que celebramos de maneira anual co obxectivo de difundir os valores empresariais e fomentar o emprendemento entre os máis novos. Ademais, este ano, ao tratarse do décimo aniversario, incluímos unha categoría nova para Universidades, coa intención de achegarnos á xente xoven que está máis preto de saír ao mercado laboral para que vexan que o traballo por conta propia tamén é unha opción para o seu futuro laboral.


O programa deste ano comezou en outubro de 2023 coa impartición de talleres formativos nos Centros Escolares participantes e culminará o día 21 de febreiro coa Feira do Minimarket, evento no que se revelará aos gañadores e gañadoras de cada categoría e que terá lugar ás 10:00 desa xornada no Pazo da Cultura de Narón.


As categorías nas que poden participar os interesados e os premios son os seguintes: 


-Premio ao Mellor Proxecto ou idea emprendedora na categoría de ESO e Bacharelato. Premiado con vales por valor de 500€ a canxear en tendas Asociadas a AJE Ferrolterra. Beca 50% en calquera Grao Universitario de CESUGA (ADE, Tradución, Arquitectura ou Publicidade) valorado en 9.550€, para cada ano (son 4) na EF Business School. 


-Premio ao Mellor Proxecto ou idea emprendedora na categoría de Formación Profesional. Premiado con vales por valor de 500€ a canxear en tendas Asociadas a AJE Ferrolterra. Beca 50% en Ciclo Formativo Oficial (Internacional en Administración e Finanzas ou Marketing e Publicidade) valorado en 3.900€, para cada ano (son 2) na EF Business School. o 


-Premio ao Mellor Proxecto ou idea emprendedora na categoría de Universidades. Premiado con vales por valor de 500€ a canxear en tendas Asociadas a AJE Ferrolterra. Beca 100% no Executive MBA valorado en 9.550€ (con posibilidade de canxear por outro máster) na EF Business School. 


-Accésit á mellor proxecto innovación. Premiado con vales por valor de 250€ a canxear en tendas Asociadas a AJE Ferrolterra. 


-Accésit ao proxecto máis sostible ou con maior responsabilidade social. Premiado con vales por valor de 250€ a canxear en tendas Asociadas a AJE Ferrolterra.


As candidaturas para poder participar na Feira Minimarket terán que ser enviadas antes do 9 de febreiro ás 23:59. Para iso, cada participante, ou grupo participante, terá que enviar o anexo que lle corresponda cuberto ao correo da Asociación info@ajeferrolterra.org xunto coa documentación pertinente. Toda a información atópase nas Bases do Concurso. 


Ademais, este ano debido á enorme demanda, os Centros Escolares poden presentar a candidatura a pesar de non ter recibido os talleres formativos do programa, igual que os participantes da Universidade da Coruña.


¡Boa sorte!


Descargar Bases e Formulario inscrición


 

2024-02-01 Noticias