AJE FERROLTERRA informou o pasado venres 9 de Abril de 2010 o establecemento dun convenio que permirá ós emprendedores da Comarca acceder a créditos de hasta 50.000 euros sin necesidade de presentar avais. O presidente da entidade, Cristóbal Dobarro, volaorou a oportunidade de esta convocatoria nun momento no que moitas empresas están a atravesar serias difcultades derivadas da falta de financiación.
A demora nos pagos por parte das Administracións Públicas non é un problema novo, pero agora se suma ás trabas que as entidades financieras lle poñen ó crédito xa que tampouco o séctor privado salda as súas débedas en prazo.
En este contexto AJE suscribiu un convenio coa Confederación Española de Jóvenes Empresarios e coa Sociedade Pública Enisa, para facilitar financiación ós emprendedores. Calquer empresario menor de cuarenta anos e cuya sociedade se constituira fai 18 meses como máximo, poderá solicitar hasta 50.000 euros para sufragar activos fixos ó circulante. O préstamo se devolverá en cinco anos, con seis meses de carencia, aplicando o Euribor máis un 1,5% de interés.
Os interesados poden dirixirse á Asociación - a través do teléfono 981 333 322 ou ben acudir en horario de oficina á súa sede, no Cantón de Molíns 8-9 para informarse e presentar as súas solicitudes. Con elas deberá de presentarse un Plan de Empresa, que a AJE tamén axudará a elaborar. Non serán precisos avais.
A convocatoria permanecerá aberta ata marzo do 2011 e o presuposto para esta liña de axudas, en toda España, será de 25 millóns de euros