VII Premios Joven Empresario de Ferrolterra

Os premios Joven Empresario de Ferrolterra, como cada dous anos, veñen a recoñecer a labor dos empresarios/as que co seu esforzo contribúen a xerar riqueza e xerar emprego e servir de apoio e referencia aos novos empresarios/a que comezan a súa andaina empresarial.


Os premiados de esta edición, como en edicións pasadas, beneficiaranse da posibilidade de optar ao Premio Xove Empresario de Galicia que se organiza de maneira anual pola Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE).


REQUISITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS


Poderán ser candidatos/as a participar no Premio todas as empresas radicadas nas Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, tanto persoas físicas como xurídicas, sempre e cando os empresarios/as ou directivos/as da empresa non superen os 41 anos de idade.


Non poderán presentarse como candidatos/as ao Premio os actuais directivos/as da Asociación.


PREMIOS


    • Premio Joven Empresaria/o 2021: Empresario/a cuia constitución sexa anterior ao 1 xaneiro do 2020, en calquera das súas formas xurídicas. 


    • Premio Iniciativa Emprendedora 2021: Empresario/a ou emprendedor/a cuia data de constitución sexa posterior ao 1 de xaneiro do 2020. 


    • Accésit á innovación. 


    • Accésit á RSE.


PROCEDEMENTO DO CONCURSO


Unha vez finalizado o prazo de presentación das candidaturas, 22 de novembro do 2021, os membros do xurado elixirán nunha reunión para tal efecto aos/as gañadores/as de esta edición agás o accésit ás novas tecnoloxías que será elixido polo público nun concurso que se convocará a partir de que se abra o prazo de presentar as candidaturas nas redes sociais.


CRITERIOS DE VALORACIÓN


O xurado conta coa total liberdade de criterio para a concesión do Premio, tendo en conta os seguintes criterios:


    •  Premio Joven Empresaria/o 2021: Calidade, Innovación, Permanencia sostible no mercado, Creatividade, Implantación de procesos de calidade, Procesos de Expansión, Creación de postos de traballo, ter recoñecidos outros premios a nivel local, autonómico ou nacional.
    •  Premio Iniciativa Emprendedora 2021 Calidade e Innovación dos proxectos de recente creación, creatividade, sostenibilidade, coñecemento do mercado e viabilidade.
    •  Accésit á innovación: Ideas innovadoras ou Procesos de investigación que supoñan unha mellora cualitativa para a actividade da empresa ou sociedade en xeral e a aplicación da Industria 4.0.
    •  Accésit á RSE: crecimento sostible, actuacións de igualdade, respecto e cuidado do meidiambiente e cumprimento de ODS (objectivos de desarrollo sostible) das Nacións Unidas. 


PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS


O prazo para a entrega da documentación será ata o día 22 de novembro do2021 ata as 23.59h por correo electrónico a info@ajeferrolterra.org


DESCARGAS


Descargar Bases


Descargar Formulario inscripción Joven Empresaria/Empresario


Descargar Formulario inscripción iniciativa emprendedora


 


 

2021-10-29 Noticias