AJE Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol pon en marcha o seu xa consolidado programa formativo “Adiante Ferrol 2022” destinado a emprendedores/as que, ou ben teñan unha idea de negocio, ou xa estean en funcionamento nos inicios e queiran impulsar o seu negocio no mercado.
Os obxectivos do programa son:
• Promover o emprendemento na sociedade e reactivar a economía da cidade.
• Estimular o crecemento das pemes do Concello de Ferrol.
• Proporcionar os métodos e ferramentas para iniciar unha actividade empresarial.
• Coñecer as áreas da empresa que debe desenvolver todo/a emprendedor/a.
• Axudar e estimular a aqueles proxectos que xa están no mercado pero que teñen problemas para poder continuar.
O programa consta de 4 formacións en aberto de forma grupal, onde poden asistir todos/as os emprendedores/empresarios interesados en mellorar os seus coñecementos no desenvolvemento empresarial ou a comercialización e comunicación dos seus produtos e servizos.
Buscarase conformar 10 proxectos de emprendedores/as de Ferrolterra. Tutorizarase a eses 10 proxectos para lograr que se convertan en proxectos de éxito e potenciais xeradores de postos de traballo.
Estes 10 proxectos desfrutarán de 6 sesións individuais de titorización específica para acadar un reto de comercialización ou de desenvolvemento das propostas de valor dos seus proxectos.
A estrutura do programa componse de 4 formacións transversais, comúns a todos os participantes, e titorizacións específicas para os 10 proxectos seleccionados para titorizar.
Para desenvolver este programa AJE Ferrolterra conta coa colaboración do Concello de Ferrol e os participantes poden ser das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.